ISSN: 1575-0639
A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións aquí feitas desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos no seu propio contexto, fixeron que en 1983 o Ministerio de Cultura crease o MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA, nun edificio que fora construído nos anos setenta. O seu acondicionamento, instalación e montaxe tivo lugar en 1985-1986, e o Museo abriu ó público en novembro deste último ano. A partir de 1990 a súa xestión quedou transferida á Xunta de Galicia. Entre 1992 e 1994 fixéronse unhas importantes obras de reforma e ampliación coa construción dun novo edificio a continuación do xa existente, coa subseguinte dotación, nos anos posteriores, da infraestrutura e do persoal necesario para o desenvolvemento de todas as súas funcións museísticas e patrimoniais, ligadas ó propio xacemento castrexo e galaico-romano.
No comments:
Post a Comment